O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense

A Xunta de Goberno Local aprobará esta semana a nova normativa que introduce cambios e melloras con respecto á vixente, do ano 2012.

Repetto: “Buscamos facilitar unha maior rotación nos locais, dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”.

Os solicitantes só poderán optar a un local e as cesións de uso terán unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de 3 anos.

Martes, 05 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local desta semana as novas normas reguladoras das autorizacións de uso e acceso aos locais do viveiro de empresas municipal do CEI-Nodus. Así o avanzou este martes o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, quen subliñou que “renovamos e actualizamos unha normativa que se atopaba en vigor dende o ano 2012, co fin de potenciar o ecosistema emprendedor lucense, facilitando unha maior rotación nos locais e dando oportunidades a todas e todos os interesados en poñer en marcha os seus proxectos neste viveiro empresarial”.

“Así, entre as novidades que introducimos, para promover e diversificar a posta en marcha de novos proxectos na nosa cidade, atópanse a limitación a unha única autorización de uso dun local por parte dun mesmo solicitante, co fin de facilitar o acceso aos espazos a unha maior cantidade de emprendedores; ou a cesión dos locais por unha vixencia temporal máxima de tres anos, para favorecer a renovación das empresas e o apoio ao maior número de proxectos posible”, explicou.

Deste xeito, os solicitantes só poderán optar a un local, a partires da data de aprobación desta nova normativa reguladora e as autorizacións de uso terán unha vixencia temporal de doce meses, prorrogables por iguais períodos, ata un máximo de trinta e seis meses (3 anos). “Igual réxime se aplicará aos usuarios da sala de coworking; mentres que o tempo máximo de permanencia dos emprendedores no semilleiro de empresas será de seis meses”, apuntou Repetto.

O concelleiro lembrou que “a piques de cumplir o seu 20 aniversario, o viveiro de empresas do CEI-Nodus é unha clara mostra da aposta do goberno municipal polo formento da innovación e a cultura emprendedora en Lugo, pois baixo o seu paraugas, xa se desenvolveron máis dun centenar de empresas na cidade, elevándose a porcentaxe de supervivencia das mesmas por riba dun 75%”.

“A través desta ferramenta dende o goberno local tamén buscamos dar oportunidades aos mozos e mozas, para reter o talento en Lugo, e facilitar a implantación de novas empresas na nosa cidade”, subliñou o edil.

“Actualmente todos os espazos e despachos atópanse ocupados, o que dá boa mostra do interese destas instalacións e servizos para os emprendedores e emprendedoras lucenses”, explicou Repetto, quen convidou ás e aos interesados a enviar a súa solicitude que será avaliada no momento en que queden locais dispoñibles.

O Centro de Empresas e Innovación do Concello de Lugo púxose en marcha en novembro de 2004. Conta con 23 espazos para o desenvolvemento da súa actividade por empresas de nova creación, 5 talleres, 2 laboratorios e 16 locais. Tamén conta cun espazo dividido en 5 compartimentos para Semilleiro e un espazo Coworking. Nos últimos cinco anos, un total de 122 empresas estiveron instaladas nestas dependencias municipais, onde tamén recibiron asesoramento uns 220 emprendendedores.

Requisitos de acceso aos locais do CEI-Nodus

Os requisitos que deben cumprir os solicitantes para obter a concesión das autorizacións de uso das oficinas e obradoiros do CEI-Nodus son os seguintes:

  • Non ter participado anteriormente como promotor ou socio dunha empresa que estivera instalada previamente no Cei Nodus nos cinco anos inmediatamente anteriores a presentación da solicitude.
  • Ser empresas de nova ou recente creación. Consideraranse como empresas de recente creación aquelas cuxa antigüidade sexa inferior a 12 meses dende o comezo do seu funcionamento, tomando como referencia a alta no censo de obrigados tributarios.
  • Estar ó corrente nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente ninguna outra débeda, por ningún concepto, co Concello de Lugo.
  • As empresas deben ter o seu domicilio social e/ou o seu centro de traballo/producción no municipio de Lugo.
  • Ser proxectos empresariais viables e, preferentemente, innovadores, ben sexa pola introducción de novas tecnoloxías ou polo seu carácter novedoso no municipio. - ser pequenas ou medianas empresas (PEMEs), segundo os criterios establecidos pola Comisión Europea, e o seu capital non debe estar participado en máis dun 25% por unha sociedade que non sexa PEME.

As novas solicitudes serán baremadas de acordo cos seguintes criterios: proxección futura/viabilidade; tipo de actividade desenvolta ou prevista; nivel de creación de emprego; fomento de empleo de colectivos desfavorecidos; empresas de economía social; situación persoal e laboral das persoas promotoras.

Semillero de empresas e espazo coworking

O semilleiro de empresas está destinado a facilitar o traballo de maduración de iniciativas empresariais. Este espazo atópase dividido en áreas de aproximadamente 9 metros cadrados, separadas entre si. Os espazos están dotados de mobiliario de oficina, teléfono e conexión a internet. A duración da estadía no Semilleiro de empresas, será de 6 meses.

O coworking é un espazo de traballo compartido por profesionais independentes, PEMES e emprendedores, de diferentes sectores, para desenvolver os seus proxectos profesionais de xeito independente, e ó mesmo tempo fomentar a realización de proxectos conxuntos, sendo o tempo máximo da autorización temporal de uso de 36 meses.

As solicitudes de admisión no semilleiro de empresas e na sala de coworking serán resoltas previo informe do equipo técnico do CEI Nodus por orde de entrada, tomando como base a descrición da idea ou proxecto empresarial ou as actividades empresariais que se están a desenvolver.

Audio

  • O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, sobre a nova normativa do CEI-Nodus | Descargar mp3

Multimedia

  • O Concello actualiza as normas de cesión e uso dos locais do CEI-Nodus para potenciar o ecosistema emprendedor lucense

Noticias relacionadas