A sesión terá lugar na Casa da Xuventude a partir das 18:00 horas e será impartida pola fisioterapeuta Carolina Río. A participación é gratuíta, con inscrición previa no correo igualdade@lugo.gal.

A área de Muller e Igualdade do Concello de Lugo continúa co desenvolvemento do ciclo de Saúde Feminina cun novo obradoiro centrado na etapa da perimenopausa e a menopausa, e na importancia de conectar co corpo durante este proceso. A actividade celebrarase mañá, xoves 10 de abril, ás 18:00 horas na Casa da Xuventude e será impartida pola fisioterapeuta Carolina Río.
O taller forma parte das Xornadas de Saúde Feminina impulsadas polo Goberno local, un ciclo que se estenderá ata o mes de xuño con charlas e actividades centradas no benestar das mulleres. A asistencia é gratuíta e para participar é necesario realizar a inscrición previa no correo igualdade@lugo.gal.
A vindeira sesión terá lugar o 24 de abril, tamén no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, e estará dedicada ao dano cerebral adquirido nas mulleres, coa participación da Asociación Dano Cerebral Lugo.

