O Cemiterio municipal de San Froilán forma parte do proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos

Esta rede de cemiterios dispón do portal web www.cementeriosvivos.es para potenciar o atractivo turístico e cultural dos camposantos a nivel nacional e internacional

Martes, 31 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Cemiterio municipal de San Froilán forma parte do proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos

O Cemiterio municipal de San Froilán forma parte do proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos, unha iniciativa creada pola Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais, da que forma parte o camposanto lucense, que persegue visualizar os valores patrimoniais, culturais e turísticos que encerran os cemiterios españois.

Esta rede de cemiterios dispón do portal web www.cementeriosvivos.es para que os camposantos asociados obteñan a maior visibilidade e sexan facilmente accesibles, potenciando o seu atractivo turístico e cultural a nivel nacional e internacional.

Tamén permite compartir as sinerxías que se obteñen con este proxecto, mediante a posta en común de experiencias e propostas con outros cemiterios e contar cun espazo no que difundir todas as actividades que desenvolven no cemiterio ao longo do ano.

Deste xeito, Lugo accede a todas as accións de difusión e promoción que realiza a Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais mediante Cemiterios Vivos.

Como parte deste proxecto, o Concello instalará dous carteis promocionais da campaña en diferentes dependencias municipais, como pode ser o propio recinto do cemiterio.

Promoción en FITUR

A Alcaldesa de Lugo e a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua aproveitaron a súa visita á Feira Internacional de Turismo para achegarse ao stand de Cemiterios Vivos, onde Lugo tamén tivo presenza nesta feira co Cemiterio municipal de San Froilán.

Noticias relacionadas