O Caudal Fest Lugo, nominado aos European Festival Awards na categoría de mellor festival de mediano formato

Son os recoñecementos más prestixioso en Europa aos festivais de música e valoran a especial atención á seguridade, conciencia social, visión de futuro e sostibilidade.

A Alcaldesa, Lara Méndez, amosou a súa satisfacción pola proposta para este galardón: “Estar entre os nominados é xa un logro, aínda que o maior éxito é o crecemento do festival”.

Os prazos de votación para o público están abertos ata o mércores, 7 de decembro, a través de europeanfestivalawards.org.

Mércores, 23 de novembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Caudal Fest Lugo, nominado aos European Festival Awards na categoría de mellor festival de mediano formato

O Caudal Fest, aposta da Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para incluír a Lugo nos grandes festivais de verán do país, está nominado aos European Festival Awards na categoría de mellor festival de mediano formato, que premia ás celebracións que teñen unha capacidade diaria de audiencia de entre 10.000 e 39.999 persoas.

Desde a súa creación en 2009, os European Festival Awards recoñecen os logros colectivos dos festivais musicais. Son os galardóns máis prestixiosos de Europa e nas súas 16 categorías valoran os logros dos organizadores e provedores no sector e honran aos festivais e ás persoas que dedican especial atención á seguridade, conciencia social, visión de futuro e sostibilidade.

Os premios contan con participación a través de votación, e o prazo para o público está aberto ata o mércores, 7 de decembro, a través de europeanfestivalawards.org.

O Caudal Fest xa acadara na súa primeira edición – 2018 – dúas nominacións a estes galardóns, nas categorías de: ‘Best New Festival’ (festival revelación) e ‘Best Medium-Sized Festival’ (mellor festival de mediano formato), repetindo esta última no 2019.

A rexedora lucense amosou a súa satisfacción por estar na lista de nominacións duns galardóns tan relevantes. “Só estar entre os nominados é un logro, aínda que o maior éxito é a rapidez da consolidación e crecemento deste acontecemento musical, o último gran festival de verano de Galicia, que o pasado mes de setembro atraeu a Lugo a máis de 30.000 asistentes, acadando un impacto económico de 4,5 millóns de euros e xerando ao redor de 300 postos de traballo directos e preto de 1.800 indirectos”.

O Caudal Fest prepara xa a súa edición de 2023 nas datas 15 e 16 de setembro coa presenza de grupos tan relevantes e queridos polo público como Leiva, Vetusta Morla, Sidonie, La La Love You, Ojete Calor e Berto Banda, entre outros.

Noticias relacionadas