O Alcalde, José López Orozco, presidiu esta mañá a toma de posesión da nova Tesoureira municipal, María Aránzazu Sastre Carracedo, que se fará cargo deste posto en comisión de servizos
- Tema
Martes, 28 de abril de 2015
Fonte:
Gabinete de Prensa

María Aránzazu Sastre Carracedo desempeñará o cargo do posto de Tesoureira do Concello de Lugo en substitución de María Rosario Vázquez Fernández, quen cesou o pasado día 20 para cubrir unha vacante en comisión de servizos no Concello da Coruña.
A nova Tesoureira municipal procede do Concello de Sarria onde desempeñaba o posto de Tesoureira.


