“Como veño sostendo desde que asumín o cargo de alcaldesa, a miña man sempre estará tendida para colaborar con todas as administracións co claro obxectivo de lograr o progreso de Lugo”, sinalou a rexedora.
En relación ao intercambio de terreos, Alvarellos avanzou que o Concello propuxo unha serie de superficies de titularidade municipal para que poidan ser avaliadas pola Xunta co obxectivo de concretar un acordo pronto.
O proxecto de Dona Urraca e o de Casa Torre atópanse en distintas fases de tramitación administrativa, polo que os tres organismos acordaron unha folla de ruta para avanzar de forma simultánea nestas dúas iniciativas.
- Tema

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, mantivo esta mañá na Casa Consitorial un encontro con representantes do IGVS e a Xunta de Galicia co obxectivo de avanzar na materialización dos proxectos da Casa Torre, Dona Urraca e a permuta de parcelas en O Castiñeiro. Durante a xuntanza, que se desenvolveu nun ambiente de máxima colaboración, os responsables dos tres organismos acordaron traballar de forma dilixente e desde a máxima discreción para alcanzar os obxectivos marcados.
“Tratouse dunha reunión de traballo técnico-política que resultou moi produtiva. De feito conseguimos avanzar en iniciativas moi importantes para a nosa cidade como son o convenio de Dona Urraca, a rehabilitación de Casa Torre e a permuta de parcelas en O Castiñeiro. Como veño sostendo desde que asumín o cargo de alcaldesa, a miña man sempre estará tendida para colaborar con todas as administracións co obxectivo de lograr a mellora do municipio. Estamos a traballar en todo aquilo que repercuta de forma positiva sobre a nosa cidade e sobre o conxunto da veciñanza e esta reunión é unha clara mostra diso”, sinalou a rexedora.
Alvarellos avanzou que en relación á permuta de parcelas no barrio do Castiñeiro, a Administración local vén de porpoñer aos responsables autonómicos unha serie de terreos de titularidade municipal para que poidan ser avaliadas pola Xunta co obxectivo de concretar un acordo canto antes. Pola súa banda, tanto o proxecto de Dona Urraca como o de Casa Torre atópanse en distintas fases de tramitación administrativa, polo que o Concello, o IGVS e a Xunta trazaron unha folla de ruta conxunta para avanzar de forma simultánea nestas dúas iniciativas.
“Trátase de tres proxectos crave para Lugo que teñen que ver con aspectos estratéxicos do noso proxecto de cidade como son a rexeneración da Tinería e a permuta acordada no seu día para as parcelas do Castiñeiro coa que se evitou a concentración de vivenda de protección evitando así a saturación deste barrio da zona norte en atención as demandas veciñais. Este encontro evidencia a nosa disposición a traballar de xeito colaborativo e coa determinación precisa para acadar que Lugo prospere”, concluíu Alvarellos Fondo.
Audio
- Paula Alvarellos, sobre as conversas co IGVS e a Xunta | Descargar mp3


