A mirada fotográfica de Manuel Ovalle dende este xoves nunha mostra no MIHL

Carmen Basadre inaugurou a exposición Miradas de luz y color, que reúne máis de 30 fotografías deste reporteiro gráfico

Miradas de luz y color poderase visitar ata o 31 de marzo, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde

Venres, 04 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A mirada fotográfica de Manuel Ovalle dende este xoves nunha mostra no MIHL

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, inaugurou este venres a exposición fotográfica Miradas de luz y color, a nova mostra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) que reúne máis de 30 fotografías do leonés Manuel Ovalle, un reporteiro gráfico que leva uns 40 anos coa cámara ao ombro, “capaz de incitar á reflexión a través da luz e da cor das súas fotografías”, tal e como o definiu a edil.

No acto de presentación, a Concelleira deulle a benvida a Lugo a Ovalle, pois é a primeira vez que expón na cidade. Neste senso, Carmen Basadre agradeceu ao fotógrafo que escollera o MIHL para expor, “un museo, que sen deixar de ser histórico, estase a converter nun centro de referencia para as artes máis vangardistas. A edil institiu na importancia de que co paso do tempo está a acadar o MIHL no circuíto da cidade, que foi o museo máis visitado no pasado mes de xaneiro.

Na exposición poderanse visitar máis de 30 fotografías de diferentes lugares de España, tomadas en Galicia, Castela A Mancha ou Castela e León, entre outros, así como retratos, que grazas ao tratamento dixitalizado, ofrecen un concepto máis pictórico da fotografía.

Horario da exposición

Miradas de luz y color poderase visitar ata o 31 de marzo, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. A entrada é de balde.

Multimedia

  • A mirada fotográfica de Manuel Ovalle dende este xoves nunha mostra no MIHL

Noticias relacionadas