A obra, de Lucía Lorenzo Parada, pasou o filtro das redes sociais para a primeira fase de selección, e foi a gañadora final por unanimidade dun xurado profesional.
Presentáronse un total de 47 propostas, que recibiron preto de 8.0000 votos populares.
O edil de Xuventude, Mauricio Repetto, agradeceu aos participantes que presentaron as súas creacións o traballo desenvolvido.

O Concelleiro de Xuventude, Mauricio Repetto, deu a coñecer o cartel anunciador da festa Arde Lvcvs 2022, obra de Lucía Lorenzo Parada, presentado baixo o título ‘A memoria das pedras’. A mesma pasou o primeiro filtro das redes sociais e foi elixida finalmente por unanimidade dun xurado popular.
Tal e como explicou Repetto, “presentáronse un total de 47 carteis. Os mesmos estiveron expostos nas redes sociais da festa de recreación histórica, tal e como se recollía nas bases, para a votación popular, porque para o proceso de elección final tiñan que quedar só 10, que son as que finalmente valorou un xurado con persoas de recoñecido prestixio”. O edil agradeceu o “alto nivel de propostas presentadas e a calidade das mesmas, non foi fácil a elección”.
O prazo da votación estivo aberto ata o 5 de marzo e, unha vez feito o reconto dos preto de 8.000 votos recibidos, pasaron á última fase os carteis ‘Apana a Galaica’, ‘A da Loita’, ‘Miradas’, ‘Vive a túa propia Película’, ‘Arde con Orgullo’, ‘Pegadas do Pasado’, ‘Las Llamas de Julio’, dúas obras tituladas ‘A Loita da Nosa Historia’ e a gañadora, ‘A memoria das pedras’.
O xurado profesional estivo formado polo muralista Diego As; a deseñadora gráfica Marta Castro Abelleira, e Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez, director da Escola Superior de Arte e Deseño. O xurado valorou a creatividade, a orixinalidade e a calidade dos traballos presentados.
O premio polo cartel que se utilizará para a promoción da festa, que se celebrará os días 9,10,11,12 de xuño, ascende a 1.500 euros
O alcance das Redes Sociais no último mes, a través desta canle superou as 210.000 reaccións entre ‘me gusta’, ‘comentarios’ e ‘publicacións compartidas’ en Facebook (201.220), Instagram (5715) e Twitter (2207).
Audio
- Cartel Arde Lucus 2022 | Descargar mp3