A madeira, protagonista da nova exposición que acolle o MIHL

Detalles construtivos poderase visitar ao longo de todo o mes, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde

Venres, 04 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) estreou este venres a exposición Detalles Construtivos, unha mostra que reúne unha vintena de pezas de Inazio Abrao, carpinteiro por tradición familiar e por formación académica. A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, visitou esta tarde a exposición, na que puxo en valor o traballo de Abrao, “un artista que mantén viva unha profesión artesá como é a carpintería. Por este motivo, e por traballar tanto en prol da conservación dos oficios tradicionais como da nosa cultura, merece que o MIHL acolla o seu traballo”.

Na exposición, que conxuga artesanía e arte, poderanse visitar ao redor de 20 pezas de madeira, cuxo desenvolvemento e utilización son cotiáns dentro do traballo dunha carpintaría, transformándose en volumes xeométricos quitados do seu contexto, adquirindo así a súa dimensión artística.

Horarios da exposición

Detalles construtivos poderase visitar ao longo de todo o mes, de martes a sábado, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, e os domingos, de 17:00 a 20:00 horas. O luns permanecerá pechada ao público. A entrada é de balde.

Noticias relacionadas