Lugo será a sede das Fases Finais do Campionato Galego Senior Masculino de Voleibol

O concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, participou hoxe na presentación da competición que terá lugar este sábado, no pavillón municipal, a partir das 10 da mañá.

Mércores, 01 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo será a sede das Fases Finais do Campionato Galego Senior Masculino de Voleibol

O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, participou hoxe na presentación das Fases Finais do Campionato Galego Senior Masculino de Voleibol que se disputará no Pavillón Municipal o vindeiro sábado, 4 de xuño.

Un torneo no que a Administración local colabora mediante a cesión destas instalacións, facilitando a asistencia sanitaria en cooperación coa Cruz Vermella e tamén a través do resto de programas de axuda ao deporte base que desenvolve durante o ano, entre os que se atopan as achegas económicas a clubs e entidades locais que traballan en prol do fomento da práctica deportiva na cidade e ás que o Executivo de Lara Méndez, destina, cada exercicio, máis de 300.000 euros.

No acto, ao que tamén acudiron a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro; o secretario da Federación Galega deste deporte, Moncho Baña e o presidente do club Xabaríns Volei, Pedro Val, o edil aproveitou para convidar a toda a cidadanía a asistir aos encontros, que comezarán ás dez da mañá, para arroupar aos equipos nos partidos cos que se dirimirá a tempada 2021 – 2022, que son o Club Voleibol Rianxo, Asesores Vila Castro (Ourense), Xiria Calvo (Carballo) e os anfitrións, Xabaríns Volei Lugo.

Audio

  • O concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto, sobre a Final do Campionato de Volei | Descargar  mp3

Noticias relacionadas