Lugo amosa a súa solidaridade coas persoas refuxiadas

A Concelleira de Benestar, xunto a outros membros da Corporación Municipal, o Presidente da Deputación e a Deputada de Benestar, participaron no acto Lugo, provincia acolledora coas persoas refuxiadas, organizado por Amnistía Internacional

O Concello ofreceu os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal para acoller refuxiados ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra, para proporcionarlles unha vivenda digna

Sábado, 04 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo amosa a súa solidaridade coas persoas refuxiadas

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, xunto a outros membros da Corporación Municipal, o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Deputada de Benestar, Sonsoles López, participou este sábado no acto Lugo, provincia acolledora coas persoas refuxiadas, que organizou Amnistía Internacional na Praza de San Marcos.

O Concello de Lugo ofreceu os pisos de emerxencia dos que dispón e o albergue municipal para acoller refuxiados ante a situación humanitaria de emerxencia xerada pola guerra, para proporcionarlles unha vivenda digna.

Durante o acto, a xornalista Ana Expósito leu un manifesto reivindicando a figura dos refuxiados, e o grupo de teatro Palimoquiños e o Coro Moderno da Escola Municipal de Música realizaron varias actuacións. Para rematar, a refuxiada mexicana, Leonor Peralta, que vive en Lugo dende fai 2 anos, cortou a cinta que inaugura simbolicamente a Lugo, como provincia acolledora de persoas refuxiadas. Realizaranse actos similares durante todo o día en Concellos e cidades de toda España.

Noticias relacionadas