Lugo acolle por primeira vez un campionato de petanca, logo de que o Goberno habilitara unhas pistas deste deporte no Parque da Milagrosa

Lara Méndez, Miguel Fernández e Ana Abelleira achegáronse a presenciar esta competición, impulsada polo Club Petanca de Lugo, coa colaboración do Concello

Sábado, 18 de novembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle por primeira vez un campionato de petanca, logo de que o Goberno habilitara unhas pistas deste deporte no Parque da Milagrosa

Lugo acolleu este sábado, por primeira vez, un campionato de petanca, logo de que o Goberno habilitara, no pasado verán, unhas pistas para practicar este deporte no Parque da Milagrosa.

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, achegáronse a presenciar a competición, impulsada polo Club Petanca de Lugo, coa colaboración do Concello, co obxecto de darlle visibilidade a esta modalidade tan popular. Ao rematar, a rexedora e os edís fixeron entrega dos trofeos aos gañadores.

Noticias relacionadas