Lugo acolle de novo a exposición canina nacional e internacional, con máis de 2.000 participantes e a celebración do seu centenario

A Alcaldesa, Lara Méndez, destaca o gran potencial de atracción da cita, que se organizarán na fin semana e que creceu en inscritos respecto a etapa prepandemia.

O evento, que contará con cans de España, Francia, Italia, Portugal e Bélxica, organízanse no Pazo de Feiras onde se desenvolverán tamén a III Gran Gala Top32 e as probas de Agility.

A rexedora pon en valor o revulsivo destas exhibicións “xa consolidadas na cidade e que son un importante revulsivo económico e de ocio para a cidade”.

Xoves, 27 de xaneiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lugo acolle de novo a exposición canina nacional e internacional, con máis de 2.000 participantes e a celebración do seu centenario

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presentou esta mañá a 99 Exposición Nacional Canina de Galicia, que se celebrará este sábado, día 29, e a 100 Exposición Nacional e a 44 Exposición Internacional, que se organizará este domingo, día 30, “eventos consolidados en Lugo xa que fomos quen de traelos á cidade durante catro anos, co seu enorme potencial para atraer miles de participantes e visitantes tanto de Galicia como de países tales como: Francia, Italia, Portugal e Bélxica”, sostivo, incidindo en que “estas exhibicións de carácter nacional e internacional supoñen un importante revulsivo económico e de ocio nunha cidade como a nosa, que tanto respecto amosa polos animais e que conta cunha das mellores facultades de Veterinaria de Europa”.

Lugo será así este fin de semana o punto de destino de miles de afeccionados do mundo canino coas exhibicións que terán lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, actividades en auxe tanto entre os criadores ou expositores como entre os amantes dos cans. “Unha cita que intensifica as ofertas lúdicas, favorecendo o sector hoteleiro, hostaleiro e comercial no seu conxunto, a parte de pór en valor os elementos medioambientais, espazos naturais e etnográficos da nosa cidade” sinalaba a rexedora, que destacou que ademais este ano se celebrar o centenario da exhibición nacional.

A alcaldesa, Lara Méndez, acompañada do xerente da Fundación Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López; o Presidente Sociedad Canina Galega, Agustín Cendan e o Delegado Xunta Galicia Lugo, Javier Arias, avanzou que “as exhibicións contarán con estritas medidas de prevención e seguridade fronte á Covid-19 pero, pese ás limitacións derivadas da pandemia, cómpre subliñar o enorme interese xerado, pois xa hai inscritos máis de 2000 cans procedentes de España e diferentes países fronte aos 1.386 apuntados no ano 2019”.

Tamén o xurado é de carácter internacional, xa que coa presenza de españois, portugueses e australianos. Entre as actividades previstas, destaca a III Gran Gala Top32 e as probas de Agility selectiva para o campionato do mundo.

Todos os cans participantes teñen a obriga de estar identificados mediante microchip. No concurso só poderán participar cans das razas recoñecidas pola FCI, e será seguindo o previsto polo Regulamento Certámenes de Morfoloxía Canina, adxunto no que vai un listado de razas admitidas por la FCI (Federación Cinolóxica Internacional).

Medidas de seguridade fronte á Covid-19

O evento contará con estritas medidas de prevención e seguridade fronte a pandemia. Nesta ocasión é imprescindible que os visitantes ás Exposicións maiores de 12 anos presenten un certificado emitido polo servizo público de saúde ou, no caso do punto 2º, por un laboratorio oficial autorizado, que acredite a concorrencia de calquera das  seguintes circunstancias: que se recibiu a pauta completa da vacina contra o Covid-19, que se dispón dunha proba diagnostica negativa realizada nas últimas 72 horas ou que o titular se recuperou dunha infección polo Sars-Cov-2 nos últimos 6 meses.

Tras esta verificación poñerase un pulseira que non se poderá retirar en todo o día,  serán pulseiras diferentes por día. Por iso a organización solicita que os asistentes veñan con antelación, sendo a apertura ambos os días ás 8:15.

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a Exposición Nacional Canina | Descargar mp3

Multimedia

  • Lugo acolle de novo a exposición canina nacional e internacional, con máis de 2.000 participantes e a celebración do seu centenario

Noticias relacionadas