Lara Méndez pide a unidade dos concellos de todas as sensibilidades políticas contras as forzas “que queren rachar os consensos acadados na loita contra a violencia de xénero”

Lugo acolleu hoxe o acto de adhesión do protocolo ‘En Negro contra a Violencia’, asinado por 138 concellos galegos e as Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra
 
A rexedora agradeceu ao alcalde de Santiago que pasase a Lugo nesta edición a testemuña do acto porque “somos un municipio orgulloso de ser feminista”

Luns, 25 de novembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez pide a unidade dos concellos de todas as sensibilidades políticas contras as forzas “que queren rachar os consensos acadados na loita contra a violencia de xénero”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deu hoxe a benvida aos representantes políticos dos municipios de Galicia adheridos ao protocolo ‘En Negro contra a Violencia’ nun acto co que se quixo visualizar a unidade dos municipios contra as violencias machistas, “unha das loitas que máis dor nos causa como sociedade xa que falamos do asasinato das nosas nais, avoas, fillas e amigas polo mero feito de ter nacido mulleres, pero tamén das violencias ás veces máis sutís pero igual de crueis que están arraigadas nas nosas relacións e nas nosas contornas”.

O Vello Cárcere de Lugo acolleu este acto ao que acudiron preto de 70 representantes dos 138 municipios de Galicia que se sumaron ao protocolo e das Deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra. “Agradecemos a presenza dos concellos presentes, tamén dos que non puideron vir pero chamaron para dar alento”, sostivo Méndez.

A rexedora alertou da situación actual onde a igualdade aínda ten que abrirse camiño e gañar loitas e espazos, “que en moitos casos críamos xa estabilizados a través de leis e consensos sociais, e incluso políticos, como a Lei de Violencia de Xénero, pero que estamos a ver que corren risco, se non o freamos, de retroceder”. Lembrou que existen partidos políticos xa en gobernos que deron sinais claras de que van tentar bloquear ou reverter normas e lexislacións que naceron para protexer ás mulleres, para previr as violencias e para facer xustiza ante este enorme problema social. Por iso, Lara Méndez pediu a unidade dos concellos de distintas sensibilidades políticas “por ser os que estamos máis preto dos problemas da sociedade” para evitar das pasos atrás e alzar a voz ante os riscos que se presentan.

A rexedora agradeceu ao alcalde de Santiago, José Sánchez Bugallo, que a capital de Galicia, onde xurdiu esta iniciativa, “nos pasase, nesta edición, a testemuña de ser a sede da firma deste protocolo”, e lembrou que Lugo é un municipio “orgulloso de ter unha marca propia feminista que nos representa como cidadáns, a de Mulleres con Forza que simboliza, a través da imaxe da nosa Muralla Patrimonio da Humanidade, a fortaleza e a resistencia das nosas mulleres”.

Explicou, así mesmo, que o acto celebrouse no Vello Cárcere por ser un espazo moi querido polos e polas lucenses “polo que representa para a nosa memoria histórica, para non esquecer. Foi unha antiga cárcere franquista que chegou a acoller nas súas paredes a máis de 6.000 presos políticos, na súa maioría homes, pero tamén mulleres, e que, se antes foi un espazo de represión, hoxe, con este acto, representa a nosa loita contra a violencia”.  Foi na zona central do Vello Cárcere onde se fixo a foto de grupo, de “gran carga simbólica”, sostivo Lara Méndez.

Representación dos alcaldes

Neste acto, ademais da alcaldesa de Lugo, falou unha representación dos concellos adheridos ao protocolo así como o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé. Falaron os alcaldes e alcaldesas de Santiago, José Sánchez Bugallo; Coristanco, Juan Carlos García; Vilalba, Elba Veleiro, e Sada, Isabel Reimóndez, así como a concelleira de Igualdade de Teo, Iria Otero.

Máis info

Audio

  • Lara Méndez, fala sobre Lugo... será sede galega da campaña "En Negro contra as Violencias" | Descargar mp3

Multimedia

  • Lara Méndez pide a unidade dos concellos de todas as sensibilidades políticas contras as forzas “que queren rachar os consensos acadados na loita contra a violencia de xénero”

Noticias relacionadas