- Tema
Venres, 06 de marzo de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o presidente da Fegamp, Alberto Varela, mantiveron unha xuntanza no Concello de Lugo esta mañá para recoller as propostas da rexedora con relación ás liñas de actuación que a Feración Galega de Municipios e Provincias prevé desenvolver durante o vindeiro exercicio.
Un encontro no que se puxo de manifesto a necesidade de acompañar co financiamento axeitado a execución de competencias que outras administracións lles delegan aos concellos para a súa execución.
Audios
- A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sobre a reunión coa Fegamp | Descargar mp3
- O presidente da Fegamp, Alberto Varela, sobre a reunión coa Fegamp | Descargar mp3