A emigración por amor centrou este mércores a sesión do Club de Lectura do Centro de Convivencia de Fingoi

Ana González Abelleira presentou este mércores á escritora lucense Elisa Vázquez de Gey, autora do libro El sueño de la maharaní, que se compartiu esta mañá no club

Mércores, 30 de marzo de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A emigración por amor centrou este mércores a sesión do Club de Lectura do Centro de Convivencia de Fingoi

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, presentou este mércores á escritora lucense Elisa Vázquez de Gey, autora do libro El sueño de la maharaní, que asistiu esta mañá ao Club de Lectura do Centro de Convivencia de Fingoi para compartir cos asistentes impresións sobre a súa obra. Trátase dunha obra que narra a sorprendente historia dunha moza española, que tras bailar para o Maharajá e namorarse, abandona todo para comezar unha nova vida na India.

Durante o acto de presentación, a Concelleira agradeceulle a presencia a Vázquez neste club de lectura, que leva funcionando dende o 2011.

Elisa Vázquez de Gey naceu en Lugo no 1955. Estuda Filoloxía Francesa na Universidade de Santiago de Compostela e desde 1984 é profesora, profesión que combina coa creación literaria. É autora de varios libros de poesía e novelas. A súa última novela é Unha casa en Amargura, na que trata o tema da esclavitude urbana doméstica, que tamén algúns galegos sufriron na Cuba española de finais do século XIX.

Noticias relacionadas