O Apalpador, xunto coa Foliada de Bosende, visitaron a Praza de Abastos
Os Brinquedos de Nadal continuaron no MIHL con xogos e o “Obradoiro de Arrolos” de Mamá Cabra

A programación de Nadal das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Participación e Servizos para a Veciñanza continuou no día de hoxe coa visita do Apalpador á Praza de Abastos, acompañado pola animación musical da Foliada de Bosende e cos Brinquedos de Nadal no MIHL, con espazo de xogos en familia e o “Obradoiro de Arrolos” de Mamá Cabra.
Os Brinquedos de Nadal continuarán até o 3 de xaneiro. Brinquedos de Nadal é unha programación moi especial de actividades de xogo libre e espectáculos de teatro, música e monicreques dirixida aos máis pequenos da casa. A Caixa Negra do MIHL é o escenario escollido para que as nenas e nenos menores de 6 anos compartan as tardes do Nadal coas nais, pais, avoas e avós:
- 30 decembro - De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Trotaventos con ‘Cantacontos a carón da fiestra’
- 2 de xaneiro - De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Paco Nogueiras con ‘Radio Bulebule’
- 3 de xaneiro - De 17:00 h a 20:00 h – Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Xarope Tulú con ‘O Cardume’