Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Continúa a programación de Nadal das áreas de Cultura e Participación

Continúa a programación de Nadal das áreas de Cultura e Participación

O Apalpador, xunto coa Foliada de Bosende, visitaron a Praza de Abastos

Os Brinquedos de Nadal continuaron no MIHL con xogos e o “Obradoiro de Arrolos” de Mamá Cabra

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Domingo, 29 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Continúa a programación de Nadal das áreas de Cultura e Participación

A programación de Nadal das áreas de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua e Participación e Servizos para a Veciñanza continuou no día de hoxe coa visita do Apalpador á Praza de Abastos, acompañado pola animación musical da Foliada de Bosende e cos Brinquedos de Nadal no MIHL, con espazo de xogos en familia e o “Obradoiro de Arrolos” de Mamá Cabra.

Os Brinquedos de Nadal continuarán até o 3 de xaneiro. Brinquedos de Nadal é unha programación moi especial de actividades de xogo libre e espectáculos de teatro, música e monicreques dirixida aos máis pequenos da casa. A Caixa Negra do MIHL é o escenario escollido para que as nenas e nenos menores de 6 anos compartan as tardes do Nadal coas nais, pais, avoas e avós:

  • 30 decembro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Trotaventos con ‘Cantacontos a carón da fiestra’
  • 2 de xaneiro -  De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Paco Nogueiras con ‘Radio Bulebule’
  • 3 de xaneiro - De 17:00 h a 20:00 h –  Espazo de xogo libre. Pausa ás 18:30 h para a actuación de Xarope Tulú con ‘O Cardume’

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/continua-programacion-de-nadal-das-areas-de-cultura-e-participacion