Sábado, 18 de novembro de 2017
Fonte:
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, xunto á Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, visibilizaron este sábado a campaña En negro contra a violencia, durante o encontro do CB Breogán e o ICL Manresa no Pazo Provincial dos Deportes. Os Gobernos do Concello e da Deputación sumáronse a esta iniciativa no marco do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, co obxectivo de educar e concienciar á cidadanía, ao tempo que da visibilidade a esta lacra social.