Concello, Deputación de Lugo e a Fundación Pazos e Feiras destinan a recadación do Equigal a FUDACE pola súa importante labor social

Lara Méndez, Darío Campos, Rubén López e  Ana Lago entregaron este luns ao Presidente de FUDACE o cheque por valor de 1.000 euros que proceden da recadación da última edición do Equigal celebrada no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo

A entidade local e provincial xunto aos organizadores do evento decidiron destinar todo o recadado na Feira a este colectivo pola importante labor social que desempeña na provincia, pois na actualidade presta servizo profesional a 60 persoas con dano cerebral

Equigal naceu no ano 2008 e dende entón logrou consolidarse coma o Salón Ecuestre de referencia no noroeste de España e un evento xerador de recursos económicos e de emprego. Nesta cita se deron cita 120 cabalos das mellores ganderías, tanto do territorio galego coma do resto de España

Luns, 16 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Concello, Deputación de Lugo e a Fundación Pazos e Feiras destinan a recadación do Equigal a FUDACE  pola súa importante labor social

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o Presidente da Deputación, Darío Campos, o Presidente da Fundación de Dano Cerebral (FUDACE), Luis Abelleira, o Xerente da Fundación Pazos e Feiras Exposicións de Lugo, Rubén López; e a Directora Técnica do Concurso de Salto, Ana Lago, participaron este luns na entrega da recolecta do Equigal 2017 a FUDACE, que tivo lugar na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos. Deputación, Concello de Lugo, xunto aos organizadores do evento decidiron destinar todo o recadado na Feira, 1.044 euros, a este colectivo pola importante labor social que desempeña na provincia. Ademais, durante o acto, entregóuselle ao Presidente de FUDACE a capa como “xinete do ano”.

No acto, a Alcaldesa felicitou á Fundación Pazos e Feiras Exposicións de Lugo “pois se cumpren os 20 anos da súa creación, un centro de referencia de feiras e eventos e un dinamizador económico e social da nosa cidade. Hoxe recaen  estes fondos nun colectivo social como FUDACE, que complementa esa parte que as veces as institucións non chegamos, e tan necesario, para buscar unha socidade xusta, unha cidade inclusiva e equitativa, que atende a todas as persoas independentemente das súas capacidades. Dende o Concello, seguimos traballando por Lugo e para ter unha cidade mellor.”

Pola súa banda, Darío Campos felicitou e agradeceu a implicación de todos os implicados nesta iniciativa social “pois demostra que traballando da man entre o tecido asociativo lucense e as institucións, melloramos, neste caso, a calidade de vida dos nosos veciños. Por iso, achegamos estes 1.000 euros que proceden do último Equigal a FUDACE, un colectivo que ten o seu centro referencia en Castro de Rei, no que atende a unhas 60 persoas con dano cerebral e nas que traballan 48 profesionais para a súa atención”.

O Presidente de FUDACE agradeceu a entrega da capa como xinete do ano “pero sobre todo o talón coa recadación de Equigal polo que significa a colaboración permanente con Equinocio e que dende a nosa asociación seguiremos mantendo. Temos un compromiso adquirido con todo Lugo e a provincia, grazas á colaboración da Deputación, para ampliar e atender integralmente a máis veciños con dano cerebral”.

O Xerente da Fundación apuntou que “queremos recoñecer o grandísimo traballo que desenvolve FUDACE e que nos enche de orgullo, pois estes cartos van a unha labor social inmellorable. Por último, quero agradecer a todas as institucións a apoio a este evento, que se está convertendo nun referente internacional.”

Equigal

Equigal naceu no ano 2008 e dende entón logrou consolidarse coma o Salón Ecuestre de referencia no noroeste de España e un evento xerador de recursos económicos e de emprego. A organización estima que as transaccións económicas en Equigal xeraron o ano pasado un volume de negocio de máis de 1 millón de euros. O principal evento da programación de Equigal é o Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Española, no que se deron cita 120 cabalos das mellores ganderías, tanto do territorio galego coma do resto de España.

O certame conta coa colaboración da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE), que goza dun gran prestixio a nivel nacional e internacional, avalado polas exportacións de cabalos das súas ganderías a diversos países de Europa e América.

Audio

Noticias relacionadas