Os traballos, que tiveron un custo de 121.725 euros, incluíron a limpeza de cunetas e a reposición do firme con aglomerado en quente.
1“Materializamos así o compromiso adquirido coa veciñanza para mellorar as infraestruturas municipais, atendendo as demandas que nos fan chegar”, afirmou Miguel Fernández.

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de concluír a mellora do firme de varias vías municipais.
En concreto, trátase das estradas municipais de Allariz, a que atravesa o Lugar de Piñeiro (en San Martiño de Piñeiro) e na CP-2402 - no Lugar do Val - até as proximidades da CP-1611 en Santa Cristina de San Román por un valor conxunto de 121.725 euros, que se sufragarán con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial.
Obras coas que o Executivo de Lara Méndez “pretende materializar o compromiso adquirido coa veciñanza da zona rural de ir mellorando progresivamente as infraestruturas municipais, atendendo todas aquelas demandas que nos fan chegar”, sinalou o responsable de área.
O tenente de alcaldesa explicou que as tarefas incluíron a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, “xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixe á súa rehabilitanción”, referiu o edil.