Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A concellería de Medio Rural conclúe o arranxo das estradas de Sta. Cristina de San Román e Piñeiro

A concellería de Medio Rural conclúe o arranxo das estradas de Sta. Cristina de San Román e Piñeiro

Os traballos, que tiveron un custo de 121.725 euros, incluíron a limpeza de cunetas e a reposición do firme con aglomerado en quente.

1“Materializamos así o compromiso adquirido coa veciñanza para mellorar as infraestruturas municipais, atendendo as demandas que nos fan chegar”, afirmou Miguel Fernández.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Sábado, 01 de abril de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A concellería de Medio Rural conclúe o arranxo das estradas de Sta. Cristina de San Román e Piñeiro

A área de Medio Rural, que dirixe o tenente de alcaldesa Miguel Fernández, vén de concluír a mellora do firme de varias vías municipais.

En concreto, trátase das estradas municipais de Allariz, a que atravesa o Lugar de  Piñeiro (en San Martiño de Piñeiro) e na CP-2402 - no Lugar do Val - até as proximidades da CP-1611 en Santa Cristina de San Román por un valor conxunto de 121.725 euros, que se sufragarán con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial.

Obras coas que o Executivo de Lara Méndez “pretende materializar o compromiso adquirido coa veciñanza da zona rural de ir mellorando progresivamente as infraestruturas municipais, atendendo todas aquelas demandas que nos fan chegar”, sinalou o responsable de área.

O tenente de alcaldesa explicou que as tarefas incluíron a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, “xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixe á súa rehabilitanción”, referiu o edil.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/concelleria-de-medio-rural-conclue-o-arranxo-das-estradas-de-sta-cristina-de-san-roman-e