Comunicado Oficial do Concello de Lugo sobre a Banda e a Escola Municipal de Música de Lugo

Venres, 28 de outubro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, sendo coñecedor da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, quere informar de que a Escola Municipal de Música de Lugo non se vai pechar. Estamos falando dun servizo altamente demandado, con 700 alumnos e 1.000 matriculados, existindo unha lista de espera de 400 persoas.

É verdade que a sentenza do TSXG di que os músicos da Banda Municipal de Música non poden ter máis funcións, e polo tanto, máis salario. Pero, a instancias do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nos que se empregan fundamentos que son recurribles, o Concello de Lugo estudar presentar  un recurso de casación debido á xurisprudencia do Supremo, que di que cando se motive a excepcionaldiade do caso, se poderán dar máis funcións e máis salario a funcionarios municipas. Todo iso para crear un servizo novo, como foi no seu momento a Escola Municipal de Música de Lugo.

Tras facilitar esta información, o Concello de Lugo conclúe remarcando que é vontade do Goberno Municipal garantir a prestación deste servizo, por ser prioritario para os lucenses, a través da modificación da Relación de Postos de Traballo. Non obstante, pide tranquilidade ante este feito.

Noticias relacionadas