Comunicado Oficial do Concello de Lugo ante as sentenzas do Garañón

Mércores, 11 de xaneiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo, coñecedor no día de hoxe das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia,-unha sobre o proxecto de urbanización da Unidade de Actuación CS5, máis coñecido polo Garañón, e outra sobre a licenza de obras do edificio-, e que dan a razón á parte demandada por esta administración, a través deste comunicado quere manifestar que está estudando todas as posibilidades legais existentes.

As referidas sentenzas non son firmes e cabe a posibilidade de interpoñer un recurso de casación, tendo para elo un prazo máximo de 30 días hábiles dende a súa notificación. 

O Goberno Municipal tomará a decisión máis responsable e que mellor vele polos intereses de todos os veciños e veciñas de Lugo e polo futuro deste Concello. 

Ante o interese destes feitos, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, convocou para mañá xoves, 12 de xaneiro, ás 10:00 horas, unha Xunta Extraordinaria Urxente de Voceiros, para dar a coñecer de primeira man a todos os representantes da Corporación Municipal o contido das sentenzas. 

Audio

  • A Alcaldesa de Lugo, sobre a sentenza do Garañón | Descargar mp3

Noticias relacionadas