
Nas noites do luns 20 e martes 21 de marzo, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo estableceron un dispositivo especial para o control do cumprimento da normativa de seguridade viaria, establecendo filtros e controis en vías do centro urbano, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, co seguinte balance:
- Rúa Curros Enríquez. Detección dun condutor que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,51 mg/l., abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.
- Praza da Milagrosa. Dáse o alto a un vehículo cuxo condutor lanza un resultado POSITIVO de 0,35 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos.
- Rúa Portugal. Obsérvase a circulación irregular dun vehículo que ao ser detido obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica, lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l.
- Rúa San Roque. Establécese un filtro de seguridade viaria e detéctanse CATRO condutores que ao ser sometidos ás probas de detección alcohólica lanzan un resultado POSITIVO de:
- 0,51 mg/l. Sanción de 1.000 euros e retirada de 6 puntos.
- 0,48 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos.
- 0,44 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos.
- 0,41 mg/l. Sanción de 500 euros e a retirada de 4 puntos.
Todos os vehículos foron inmobilizados.
Positivo en drogas
Na rúa Portugal detéctase a circulación irregular dunha motocicleta que ao ser detida obsérvase que o seu condutor presenta signos de consumir substancias estupefacientes, sendo sometido ás probas regulamentarias no equipo “drogotest”, lanzando un resultado POSITIVO en THC, abríndose expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando o vehículo.
Delito contra a seguridade viaria
Na rúa San Roque dáse o alto a un vehículo cuxo condutor presenta signos de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, sendo sometido ás probas de alcoholemia, lanzando un resultado POSITIVO de 0,69 mg/l., instruíndose dilixencias por delito contra a seguridade viaria na modalidade de Xuízo Rápido.
No transcurso destes dispositivos detectáronse e denunciáronse as seguintes infraccións graves á Lei de Seguridade viaria.
- 8 vehículos detectados cuxos titulares non pasaran en prazo a ITV.
- 1 vehículo detectado que circulaba con ITV desfavorable.
- 3 vehículos detidos que circulaban carecendo de Seguro Obrigatorio.
- 3 condutores sorprendidos conducindo sen facer uso do cinto de seguridade.
- 2 condutores denunciados por caducidade do permiso de condución.
- 1 condutor denunciado por non efectuar o troco do seu permiso.
- 1 condutor denunciado por conducir un vehículo carecendo de permiso ao non poder ser trocado.
Venda ambulante non autorizada
Na mañá de onte, 21 de marzo, estableceuse un dispositivo especial para o control da venda ambulante no Parque da Milagrosa, levantándose SEIS actas de denuncia por infracción á Ordenanza Municipal Reguladora de Espazos Públicos dedicados á Venda Ambulante, propoñéndose sancións de ata 900 euros.