COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Venres, 04 de febreiro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DE POLICÍA LOCAL DE LUGO

Intento de subtracción dun computador

Sobre as 18:55 horas do día 3 de febreiro unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento comercial da rúa San Marcos ao obxecto de previr a comisión dun delito.

Os axentes que comparecen no devandito lugar comproban que un home de 57 anos tratara de subtraer un computador do local valorado en 380 euros. Que se procede á identificación desta persoa a cal manifesta que acudira ao establecemento para que lle desen de baixa unha liña de telefonía e como non lle facían caso tratou de levar un computador como represalia.

Por tales feitos foi conducido a dependencias policiais onde se instrúen dilixencias para o Xulgado de Garda.

Filtros de seguridade viaria

Na madrugada do día 4 de febreiro por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo establecéronse diferentes controis de alcoholemia en vías do centro urbano, detectándose as seguintes incidencias:

Nun control establecido na rúa San Roque e entre as 00:30 e as 1:30 horas (en tan só unha hora) detectáronse TRES condutores con signos de embriaguez, sendo sometidos ás probas de detección alcohólica.

O primeiro lanzou un resultado POSITIVO de 0,46 mg/l

O segundo lanzou un resultado POSITIVO de 0,40 mg/l

O terceiro lanzou un resultado POSITIVO de 0,41 mg/l

Noutro control establecido na Avenida de Ramón Ferreiro, detectouse sobre as 4:45 horas outro condutor con signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,45 mg/l.

A todos estes condutores abríuselles expedientes sancionadores con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución, procedendo á inmobilización dos vehículos.

Así mesmo, instruíronse dilixencias por DOUS delitos contra a seguridade viaria ao condutor dun vehículo por condución temeraria poñendo en concreto perigo a vida das persoas e facelo CARECENDO de permiso de condución por non obtelo NUNCA na rúa Montevideo.

Auxilio á cidadanía

Sobre as 15:20 horas unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acode a unha vivenda da rúa da Pomba xa que ao parecer unha veciña está a pedir auxilio. Os axentes comproban desde o recibidorda escaleira como unha muller pide auxilio de forma reiterada, dicindo que estaba no chan e que non podía levantarse.

Os policías acceden ao interior da vivenda en compañía dun familiar da persoa e cunha dotación sanitaria do 061 que estaba no lugar, observando que a muller de 67 anos estaba tombada na cama cun ataque de ansiedade, sendo trasladada ao HULApara a súa atención médica.

Condutas incívicas

Sobre as 4:00 horas do 4 de febreiro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno sorprende a un mozo de 19 anos ouriñando contra a fachada da Catedral, procedendo á súa identificación e levantando acta de denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia, propoñéndose sanción de ata 900 euros.

 

Noticias relacionadas