COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Mércores, 23 de agosto de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Discusión con ex parella

Ás 18:10 horas do martes, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio foi comisionada na rúa Lamas de Prado, onde unha muller requiría o servizo policial, xa que a súa ex parella tiña as chaves do vehículo da súa propiedade e non quería devolverllas. Os axentes comprobaron que o automóbil se atopaba estacionado fronte ao domicilio do home, que dixo ter as chaves na súa casa, aínda que ao regresar da mesma manifestou que non as atopaba.

Por todo iso, a muller requiriu á asistencia en viaxe, para trasladar o turismo até a súa localidade de residencia, momento até o cal os axentes permaneceron no lugar, tanto para colaborar co servizo de guindastre, xa que era necesario cortar o tráfico durante a carga do vehículo, como para evitar que puidesen producirse incidentes entre os implicados.

Auxilio á cidadanía

Ás 6:45 horas do martes, un indicativo da Unidade Territorial de Policía de Barrio trasládase a un domicilio da rúa San Marcos, onde unha muller atópase indisposta. Os axentes contactan coa muller, que manifesta pasar a noite no lugar e sufrir un ataque de ansiedade, polo que é requirida unha ambulancia do 061. Os sanitarios prestan unha primeira asistencia e abandonan o lugar, xa que a muller négase a ser trasladada a un centro médico para a súa valoración.

Colaboración retirada dun niño velutinas

Ás 23:20 horas do martes, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno colaborou co Servizo de Bombeiros durante os traballos para a retirada dun niño de velutinas situado na cornixa dun edificio da Avd. de Madrid, para o que foi necesario cortar o tráfico rodado o acceso á rúa Novo Freire, así como un carril da propia Avd. de Madrid.

Filtros seguridade viaria

Durante os filtros de seguridade viaria levados a cabo polos axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio, do Grupo Operativo Nocturno e da Unidade de Atestados, na xornada do martes, puidéronse detectar as seguintes infraccións:

- 5 condutores que non facía uso do cinto de seguridade.

- 1 condutor que manexaba o vehículo á vez que facía uso do teléfono móbil.

- 1 condutor de motocicleta que non facía uso do casco de protección regulamentario.

- 3 vehículos que non foran sometidos á ITV no prazo regulamentario.

- 2 vehículos que non tiñan concertado o seguro obrigatorio.

- 1 condutor de VMP (patinete eléctrico) que arroxou resultado positivo nas probas de alcoholemia ás que foi sometido: 0.30 e 0.31 mg/l.

Durante estes filtros, un dos condutores denunciados por non facer uso do cinto de seguridade, tamén foi denunciado por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, xa que, mentres o axente confeccionaba o boletín de denuncia, proferiu constantes frases despectivas, tanto cara o policía como cara ao labor do Corpo.

Persoa cortando o tránsito na vía pública

Ás 11:15 horas do martes, unha patrulla de Policía de Barrio é comisionada na rúa Camiño Real, xa que a Sala do 092 recibiu información sobre unha persoa que non permitía o paso de vehículos pola zona. Os axentes comprobaron que se trataba dunha muller, que se atopaba diante dun coche, ao que impedía circular pola zona, dicindo que aquilo era peonil e que ela non se ía apartar, que por alí non podía pasar ningún vehículo. Os axentes explicaron que si había vehículos autorizados (vaos e aparcadoiro público), sen que a muller entrase en razón, xa que se negaba a retirarse, polo que tivo que ser apartada polos axentes, debido a que os vehículos querían continuar a marcha e comezaba a congregarse gran cantidade de persoas.

Debido a que a muller, a pesar das advertencias dos policías, continuou manifestando que mantería a súa actitude, dirixindo frases despectivas e insultantes cara aos axentes, foi denunciada por dúas infraccións á Lei de Protección da Seguridade Cidadá, por desobedecer as ordes dos axentes e por falta de respecto e consideración aos membros das Forzas e Corpos de Seguridade.

Noticias relacionadas