Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Xoves, 23 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Estado de Alarma

Durante a noite do 22 ao 23 de abril, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, estableceron varios controis dentro do centro urbano para comprobar o cumprimento das limitacións de circulación impostas polo Real Decreto polo que se declara o Estado de Alarma, levantándose OITO actas de infracción ao detectar vehículos ocupados por dous, tres e ata catro persoas sen causa xustificada. Nun destes dispositivos unha condutora alegou que viña de ver a unha amiga e regresaba ao seu domicilio na localidade de Rábade.

Así mesmo os axentes detectan, sobre as 0:20 horas, a un menor camiñando pola Rolda do Carmen sen causa xustificada, polo que foi trasladado ao seu domicilio quedando a cargo da súa nai, levantándose a correspondente acta de infracción.

Nos devanditos controis detectouse un vehículo que era ocupado por catro persoas, que circulaba incumprindo as medidas de confinamento, sendo o condutor sometido ás probas de detección alcohólica, arroxando un resultado POSITIVO de 0,58 mg/ l, abríndose un expediente sancionador que comporta multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Axuda humanitaria

Sobre as 5:20 horas do 19 de abril, efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo acudiron á rúa Paxariños xa que na Central de Comunicacións do 092 recibiuse unha chamada na que ao parecer unha muller, que vive soa, caera no interior da súa vivenda e non podía moverse. Os axentes, requiren a presenza do Servizo de Bombeiros accedendo ao interior a través dunha xanela do balcón, observando que unha señora de 86 anos caera ao tentar saír da cama, atopándose en bo estado. Que unha filla faise cargo da señora, informando Cruz Vermella que enviarían un facultativo para a súa atención médica, finalizando o servizo sen outra novidade.

Noticias relacionadas