Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Martes, 14 de abril de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Comunicado de prensa da Policía Local de Lugo

Axentes da Policía Local, de servizo no turno de noite, procederon xunto ao Corpo Nacional de Policía, á detención dun home de 39 anos, de nacionalidade paraguaia, como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

Sobre as 23:40 horas do día 13, recibiuse unha chamada telefónica na Sala 092, na cal unha muller informaba de que recibira un audio dunha sobriña na que se evidenciaba que podería estar sendo vítima dun presunto delito de violencia de xénero.

Que inmediatamente organizouse un operativo, ao tempo que se pedía colaboración ao Corpo Nacional de Policía, trasladándose ata o domicilio da presunta vítima tres dotacións policiais.

Unha vez no lugar, os axentes foron recibidos por unha muller de 32 anos que presentaba un hematoma no pescozo e unha manga do pixama rota. Que dita muller amosaba signos evidentes de estar atemorizada, resistíndose a manifestar claramente o que tiña acontecido con evasivas e certas incoherencias.

Que mentres tanto, outro axente se trasladaba até o domicilio da requirinte co fin de acadar o audio que dera orixe á intervención, comprobando como, efectivamente, a muller, probablemente estaba sendo agredida pola súa parella.

Que por este motivo, procedeuse á inmediata detención do presunto agresor, o cal foi trasladado ata un centro médico, de acordo ao protocolo establecido para estes casos, quedando, posteriormente, nos calabozos do Corpo Nacional de Policía ata a súa posta a disposición xudicial.

Que, así mesmo, a vítima foi trasladada noutro vehículo policial para ser recoñecida por un facultativo, non desexando, sen embargo, presentar denuncia nese momento, sendo informada de que debería facelo canto antes.

Noticias relacionadas