COMUNICADO DE PRENSA DA POLICÍA LOCAL DE LUGO

Luns, 23 de maio de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Identificación de individuo por roubo

Sobre as 20,30 horas do día 20 de maio/22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento da Avenida da Coruña, xa que ao parecer unha persoa tentara abonar uns produtos cunha tarxeta que non era da súa propiedade.

Os axentes ao chegar ao lugar son informados que un individuo abonara uns paquetes de tabaco (que o seu valor total non pasaba de 20 euros) pero ao tentar comprar máis, solicitoulle o pin da tarxeta, momento no que a dona do establecemento decátase que a tarxeta non era da súa propiedade, xa que descoñecía o número do  pin.

Así mesmo son informados da descrición física desta persoa, sendo localizado pola patrulla diante da estación de autobuses, procedendo á súa identificación, un home de 30 anos, someténdoo a un rexistro e achando nunha bolsa un plumífero, trece paquetes de tabaco, un chisqueiro, dous móbiles e certa cantidade de diñeiro e tirada ao seu lado achábase unha carteira con documentos a nome doutra persoa.

Así mesmo púidose comprobar que a identificación desta persoa responde as características do presunto autor de varios furtos no centro histórico da cidade, instruíndose dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Identificación por intento de subtracción de obxectos

Sobre as 11,40 horas do día 21 de maio/22 unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo é comisionada pola Sala do 092 para que acuda a un establecemento da rúa Bo Jesús, xa que o responsable do local ten retido a un home que tentou subtraer efectos do expositor que ten no exterior da tenda.

Os axentes son informados polo  requirente que indica como esta persoa, de 55 anos, tentou subtraer uns obxectos decorativos, polo que proceden á identificación do presunto autor do feito, instruíndose dilixencias para a súa remisión ao Xulgado de Garda.

Filtros de seguridade viaria

Durante a fin de semana do 20 ao 22 de maio/22 por efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo intensificáronse os controis de alcoholemia e drogas, co emprego de vehículos policiais rotulados e camuflados, detectando os seguintes resultados:

Detectado un vehículo que circula de forma irregular pola rolda das Mercedes. Obsérvase que o seu condutor presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica e lanzando un resultado POSITIVO de 0,48 mg/l. Ábrese expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución.

Nun control estático na Rolda da Muralla detéctanse TRES condutores que presentan signos de inxerir bebidas alcohólicas, lanzando un resultado POSITIVO de 0, 36 mg/; 0,33 mg/ l e 0,53 mg/ l. Aos dous primeiros ábreselles expediente sancionador con multa de 500 euros e a retirada de 4 puntos do permiso de condución e ao segundo de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos

 

Noticias relacionadas