A edil destacou o traballo realizado pola Asociación Nacional de Ciliopatías na loita por visibilizar as enfermidades raras e por poñerlles cara e voz
- Tema

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Xerente do HULA, Ramón Ares, e o Presidente da Asociación Nacional de Ciliopatías, José Carlos Pumar, participaron este xoves na Xornada Científica de Enfermidades Ultrararas, que tivo lugar no HULA. Nesta xornada, coa que colabora o Concello, interviñeron especialistas, investigadores e científicos das distintas áreas clínicas relacionadas con este tipo de patoloxías.
Ana González Abelleira agradeceu a organización desta xornada e destacou “o traballo realizado por ANASBABI na loita por visibilizaras enfermidades raras e por poñerlles cara e voz”. A edil tamén lembrou a aposta do Concello polo benestar social, que se reflicte nos orzamentos municipais con 19 millóns de euros, así como o seu compromiso coas asociacións sociais, ás que a entidade local destina 300.000 euros para apoiar a súa actividade.