Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ana González Abelleira participa na Xornada Científica de Enfermidades Ultrararas, organizada por ANASBABI

Ana González Abelleira participa na Xornada Científica de Enfermidades Ultrararas, organizada por ANASBABI

A edil destacou o traballo realizado pola Asociación Nacional de Ciliopatías na loita por visibilizar as enfermidades raras e por poñerlles cara e voz

  • Tema
    • Benestar social,
    • Sanidade
Xoves, 15 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ana González Abelleira participa na Xornada Científica de Enfermidades Ultrararas, organizada por ANASBABI

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, o Xerente do HULA, Ramón Ares, e o Presidente da Asociación Nacional de Ciliopatías, José Carlos Pumar, participaron este xoves na Xornada Científica de Enfermidades Ultrararas, que tivo lugar no HULA. Nesta xornada, coa que colabora o Concello, interviñeron especialistas, investigadores e científicos das distintas áreas clínicas relacionadas con este tipo de patoloxías.

Ana González Abelleira agradeceu a organización desta xornada e destacou “o traballo realizado por ANASBABI na loita por visibilizaras enfermidades raras e por poñerlles cara e voz”. A edil tamén lembrou a aposta do Concello polo benestar social, que se reflicte nos orzamentos municipais con 19 millóns de euros, así como o seu compromiso coas asociacións sociais, ás que a entidade local destina 300.000 euros para apoiar a súa actividade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ana-gonzalez-abelleira-participa-na-xornada-cientifica-de-enfermidades-ultrararas-organizada