Alexandre Penas anuncia a reapertura da rúa Santiago en dobre sentido

O concelleiro de Infraestruturas explicou que “nestes días o treito entre o polideportivo municipal e a Porta de Santiago estivo pechado en sentido ascendente debido ás obras da Ronda”

A vía recuperará a normalidade a partir da última hora da tarde de hoxe

Venres, 29 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Alexandre Penas anuncia a reapertura da rúa Santiago en dobre sentido

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que a partir da última hora da tarde de hoxe reabrirá ao tráfico a rúa Santiago no treito entre o pavillón polideportivo e a Porta de Santiago, en sentido ascendente. Alexandre Penas explicou que “debido ás obras de humanización da Ronda fíxose necesario cortar este treito para realizar unha serie de traballos na propia vía”.

O edil de Infraestruturas anunciou que “a partir da última hora da tarde volveremos abrir este percorrido, avanzando na recuperación da normalidade na circulación deste treito”.

“Os traballos de humanización da Ronda, no treito entre a rúa Santiago e a rúa Vilalba están a avanzar a moi bo ritmo, e de cara á vindeira semana comezaremos a recuperar a normalidade na zona”, afirmou Alexandre Penas, que lembrou que “durante a vindeira semana reabrirase a circulación do tráfico neste treito, ao rematar xa os traballos de pavimentación do vial e a construcción da nova beirarrúa”.

Audio

  • O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, sobre a rúa Santiago | Descargar mp3

Noticias relacionadas