A Alcaldesa recibe o premio Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro en Avilés

A rexedora lucense recibiu de mans da Alcaldesa de Avilés o galardón que lle concedeu a Lara Méndez o colectivo de Gastrónomos del Yumay, sidrería desta localidade asturiana

Luns, 20 de febreiro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa recibe o premio Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro en Avilés

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns o premio Comensal de Honra Álvaro Cunqueiro de mans da rexedora de Avilés, Mariví Monteserín, que nesta quinta edición, lle concedeu o colectivo de Gastrónomos del Yumay, sidrería desta localidade asturiana.

Lara Méndez aproveitou a ocasión para poñer en valor os lazos existentes entre as Comunidades de Galicia e Asturias, que comparten fronteira natural, pero tamén costumes culturais, folclóricas e, como neste caso, gastronómicas.

En nome de todo o pobo de Lugo, a Alcaldesa agradeceu esta distinción contribúe a difundir a figura de Álvaro Cunqueiro como primeiro gran escritor gastrónomo, así como a fomentar as relacións de boa veciñanza entre Asturias e Galicia.

Noticias relacionadas