Venres, 05 de xullo de 2024
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, recibiu na Casa do Concello á directora da UNED en Lugo, Ana Belén Traseira, nun encontro no que abordaron diferentes liñas de colaboración entre o Concello de Lugo e a entidade educativa.
Alvarellos, que tamén coñeceu na reunión a nova campaña de matriculación do centro, destacou “o potencial que ten Lugo como unha cidade na que se impulsa a excelencia e o coñecemento, grazas á suma da oferta dispoñible na UNED, o Campus Terra da USC e os diferentes centros de Formación Profesional. Algo que, sen dúbida, nun futuro próximo fortalecerá o noso tecido produtivo”.

