A alcaldesa Paula Alvarellos culmina o proceso para a recuperación da contorna do Pazo de Dona Urraca

O Executivo local aprobará na XGL que se celebra mañá o texto do convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo para o desenvolvemento da urbanización e a posta en valor deste espazo.

O Concello acadará a titularidade de varias edificacións para que se incorporen ao resto de soares da unidade UI8 que xa son titularidade do IGVS co fin de favorecer un mellor desenvolvemento da zona.

Así mesmo, o Goberno municipal comprométese a tramitar os documentos urbanísticos precisos para facer viable a actuación e o proxecto de urbanización e a tramitar e conceder as licenzas de edificación necesarias.

A recuperación deste ámbito, que atesoura unha riqueza patrimonial extraordinaria, foi unha prioridade desde a miña chegada á Alcaldía. O noso obxectivo é poñer en valor esta zona do Centro Histórico para completar así a súa rexeneración”, sinalou a rexedora.

Martes, 16 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A alcaldesa Paula Alvarellos culmina o proceso para a recuperación da contorna do Pazo de Dona Urraca

O Executivo de Paula Alvarellos aprobará na Xunta de Goberno Local que se celebra mañá o texto do convenio co Instituto Galego de Vivenda e Solo para o desenvolvemento da urbanización e a recuperación do pazo de Dona Urraca. “Trátase dun asunto no que levamos tempo traballando de forma intensa como así constatan os encontros mantidos co IGVS ao longo dos últimos meses. A recuperación deste ámbito, que atesoura unha riqueza patrimonial extraordinaria, foi unha prioridade desde a miña chegada á Alcaldía. O noso obxectivo é poñer en valor esta zona do Centro Histórico para completar así a súa rexeneración social e económica e garantir a súa conservación patrimonial, o que dará continuidade ao traballo levado a cabo polo Goberno local na Tinería e noutras zonas próximas como o barrio do Carme”, sinalou a alcaldesa.

Os termos do convenio, que non se modifica en relación ao borrador xa acordado entre ambas as dúas adminsitracións, inclúe, como compromisos do organismo dependente da Xunta, a redacción e solicitude dos proxectos das obras de demolición, rehabilitación e nova construción das edificacións que se inclúen no espazo da actuación, así como a urbanización da mesma na súa totalidade. Ademais formulará e executará o proxecto de escavación arqueolóxica, que deberá levarse a cabo como paso previo a calquera outra actuación e que quedará ao diposto das determinacións de Patrimonio.

Pola súa parte, o Concello acadará a titularidade de varias edificacións para que se incorporen ao resto de soares da unidade UI8 que xa son titularidade do IGVS co fin de favorecer un mellor desenvolvemento da zona.

Así mesmo, a Administración local comprométese a tramitar os documentos urbanísticos precisos para facer viable a actuación e o proxecto de urbanización do ámbito así como tramitar e conceder as licenzas de edificación e axilizar en todo o posible os prazos de tramitación. A cambio, o retorno do investimento local e dos dereitos de edificabilidade que lle corresponden ao Concello, por tratarse dunha actuación en solo urbano non consolidado, será a entrega, en baixos comerciais, dunha superficie equivalente ao 10% da edificabilidade de uso residencial que se materialice.

Noticias relacionadas