O Concello de Lugo conta con sete centros de Convivencia: Maruja Mallo, Fingoi, María Balteira, Uxio Novoneyra, Díaz Castro, Milagrosa e Sagrado Corazón.
Xoves, 02 de xaneiro de 2020
Fonte:
Gabinete de Prensa

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada de Olga López, concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade visitaron esta tarde os diferentes centros de convivencia que o Concello de Lugo pon á disposición dos veciños e veciñas.
Dende a Concelleira de Benestar, Inclusión e Terceira idade traballan co fin de garantir en todos os barrios da cidade dotacións públicas por e para o desfrute da cidadanía de Lugo.