A Alcaldesa asiste ao Congreso do Eixo Atlántico: A Axenda Urbana a debate, co que ademais se conmemoran os 25 anos desta entidade

Xoves, 08 de xuño de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Alcaldesa asiste ao Congreso do Eixo Atlántico: A Axenda Urbana a debate, co que ademais se conmemoran os 25 anos desta entidade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, asistiu este xoves ao Congreso do Eixo Atlántico: A Axenda Urbana a debate, no Teatro Circo de Braga, co que ademais se conmemoran os 25 anos desta entidade. Nesta cita reuniranse, ademais de resposnables políticos, máis de 250 especialistas de todos os sectores sociais, académicos e económicos.

O Eixo Atlántico, do que forma parte o Concello de Lugo, celebra cada dez anos un congreso para revisar o desenvolvemento da planificación estratétixa anterior e discutir as liñas estratéxicas de cara o futuro. Este é o terceiro congreso deste tipo.

A Axenda Urbana é un documento de planificación que o Eixo Atlántico elaborou ao longo dos dous últimos dous anos con expertos internacionais. Este documento pretende sistematizar todos os problemas que ten a Euro-Rexión e habilitar diferentes solucións como a mobilidade, comunicación ferroviaria ou desenvolvemento industrial, entre outros. Esta axenda pretende ser un instrumento para facer das cidades un espazo de crecemento intelixente, sustentable e integrador, dentro dun ámbito estratéxico xeral.

O Congreso rematará mañá cun acto conmemorativo dos 25 anos do Eixo Atlántico.

Noticias relacionadas