As tarefas permitirán coñecer o estado da explanada sobre a que se asenta o firme existente, de forma que se evalúe a posible necesidade da súa reposición nos proxectos de mellora do pavimento de ambos viais
- Tema
O Concello de Lugo, co obxectivo de realizar os proxectos de mellora do pavimento nas rúas Salvador de Madariaga e Anxo López Pérez, acometerá, a partir de mañá venres, ensaios de placa de carga. As tarefas permitirán coñecer o estado da explanada sobre a que se asenta o firme existente, de forma que se evalúe a posible necesidade da súa reposición nas actuacións propostas.
Para elo é necesario dispoñer do espazo suficiente para levar a cabo o corte e excavación do pavimento existente, onde se ubicará a placa e a maquinaria necesaria para a realización do ensaio (camión de obra con carga, principalmente), en dous puntos distintos en cada unha das rúas.
Estes traballos de excavación terán lugar entre mañá e luns, 10 de setembro; e as probas realizaranse o vindeiro luns a partir das 08:00 horas.