As áreas de Cohesión Territorial e Transición Ecolóxica destinan 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de vías no rural

O Executivo de Paula Alvarellos acometerá con cargo ao Plan Deputación tres proxectos de abastecemento e saneamento nas parroquias de Pías, Cimadevila e Saamasas.

A proposta do Goberno local destina máis de 330.000 euros desta liña de financiamento á mellora do firme en camiños e estradas de distintas parroquias.

“O obxectivo é utilizar esta ferramente para executar obras que temos programadas, o que nos permite traballar de forma paralela noutros proxectos destinados a cubrir as necesidades desta zona do municipio”, sinalou González Abelleira.

Venres, 22 de marzo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
As áreas de Cohesión Territorial  e Transición Ecolóxica destinan 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de vías no rural

O Executivo de Paula Alvarellos, a través das área de Cohesión Territorial e Trasición Ecolóxica, destina 591.796 euros a ampliar a rede municipal de augas e ao acondicionamento de varias vías na zona rural. Deste xeito, o Goberno local acometerá con cargo ao Plan Deputación de Lugo 2024 tres proxectos de abastecemento e saneamento nas parroquias de Pías, Cimadevila e Saamasas. Ademias, a proposta do Concello destina máis de 330.000 euros a mellora do firme en diversos camiños e estradas da rede municipal. “O obxectivo é utilizar esta ferramenta orzamentaria que se canaliza a través da Deputación provincial para executar obras que temos programadas, o que nos permite traballar de forma paralela noutros proxectos destinados a cubrir diferentes necesidades do noso rural”, sinalou a concelleira Ana González Abelleira.

Así, a área de Cohesión Territorial prevé abordar a través desta canle o acondicionamento e mellora da estrada que comunica a N-VI coa estrada provincial LU-2902, traballo orzamentado en 120.800 euros. Outra das obras de embergadura e que tamén ten carácter prioritario para Cohesión Territorial é a mellora da comunicación entre os núcleos de Barreiro, Faxilde e Cuíña, na parroquia de Saa, nos que se investirá 110.556 euros. Do mesmo xeito, con cargo a este fondos, vaise arranxar o firme na vía que comunica Camiño do Souto con Garaballa de Abaixo, actuarase no nucleo de Calde é nas parroquia do Veral e Orbazai.

Do mesmo xeito, en relación coa progresiva expansión da rede municipal de augas, a área de Transición Ecolóxica, que dirixe Miguel Fernández, executará a segunda fase de abastecemento en Pías, traballos aos que se destinan 91.261 euros. Tamén se prevé acometer con cargo ao Plan provincial a fase tres deste servizo en Cimadevila, cun investimento de 62.275 euros. Pola súa banda, o núcleo de Saamasas contará con rede de saneamento cuxa execución está orzamentada en 102.671 euros.

Noticias relacionadas