O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, fixeron entrega esta mañá dos premios do concurso Lugo Limpo gústame máis que foron sorteados o pasado venres e que recaeron en :
1º Laura María Lastra Montero
2º Cristina López González
3º Mar Piñeiro Caloto
4º Marco Folgueira Arias
O Alcalde, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, presentaron hoxe o proxecto de construcción dunha nova zona verde na rúa Aquilino Iglesia Alvariño.
Trátase dunha extensión de preto de 10.000 metros cadrados que completará tres bloques de vivendas de promoción pública.
Un total de 633 persoas participaron na enquisa da páxina web www.lugo.es sobre as actuacións máis recomendables á hora de controlar o maltrato animal. Esta cantidade de votantes pon de manifesto o interese dos internautas por esta cuestión.
Os responsables de medio ambiente dos 18 concellos que conforman o sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e responsables da CCDR-N reuniranse o venres na Casa Consistorial ourensana cos responsables do Programa LIFE+ da Unión Europea.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, e o Enxeñeiro Técnico do Servizo asistirán a esta reunión en representación do Concello de Lugo.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González-Dopeso, presentou hoxe, acompañado polo xerente de Urbaser, Juan Pablo Guerrero, as novidades que trae aparellada a ampliación do servizo de recollida de lixo na cidade, "no que se leva traballando tres anos", dixo.
O Concello de Lugo, a través da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Lino González-Dopeso, está a ultimar o proceso de redacción do Plan de Acción da Axenda 21 Local. Este proceso atopará o punto álxido do proceso o próximo día 26 coa celebración da última edición do Foro da Sustentabilidade, que suporá dar por pechado o proceso participativo de elaboración da A21L.
O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González-Dopeso, inauguraron esta mañá a exposición “As Raíces do Aire”, composta por 16 figuras escultóricas realizadas coa madeira dos negrillos que estaban na Praza Maior.
O Alcalde, José López Orozco, acompañará mañá, xoves, ao Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández, no acto de exposición sobre o cambio climático que se desenvolverá no Salón de actos da Fundación Caixa Galicia.
Os Concelleiros de Medio Ambiente e de Economía e Zona Rural, Lino González-Dopeso e Francisco Fernández Liñares, presentaron hoxe un balance da xestión da auga no momento actual, cando se celebra o Día Internacional da Auga.
Así, segundo indicaron, mentres descende de maneira significativa o volume de auga impulsada, aumenta a recaudación económica nesta materia o que é significativo "dunha mellora da xestión".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 1891
- 1892
- 1893
- 1894
- 1895
- 1896
- 1897
- 1898
- 1899
- seguinte ›
- última »