ACTUACIÓN PREVIA AO CORTE DE AUGA NA AVENIDA DA CORUÑA

Luns, 23 de novembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
ACTUACIÓN PREVIA AO CORTE DE AUGA NA AVENIDA DA CORUÑA
Unha vez aplicadas hoxe as medidas de tráfico previstas (adxuntamos fotos de este mediodía), o Concello informa de que mañá, martes, entre as 10:00 e as 12:00 horas, os servizos municipais procederán ao peche de varias chaves da rede de abastecemento na contorna da avenida da Coruña.
 
Esta intervención é necesaria para preparar os traballos previstos para o mércores e permitirá limitar, na medida do posible, o número de rúas afectadas polo corte de auga.
 
Lembramos que o mércores o corte do subministro que afectará a Avenida da Coruña e a súa contorna comezará ás 8:00 horas e poderá prolongarse durante un máximo estimado de 12 horas, polo que se recomenda á veciñanza das zonas afectadas que tome as precaucións necesarias.
 
O Concello agradece a comprensión e colaboración da cidadanía ante estas actuacións.

Multimedia

  • ACTUACIÓN PREVIA AO CORTE DE AUGA NA AVENIDA DA CORUÑA

Noticias relacionadas