- Tema
Luns, 02 de novembro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se realizou o sorteo para designar as persoas que formarán parte das mesas electorais na próxima convocatoria electoral.
O procedemento permitiu determinar as persoas titulares e suplentes de cada mesa, así como establecer unha lista de reserva para cubrir posibles vacantes no caso de que a Xunta Electoral acepte as excusas presentadas por algunha das persoas inicialmente designadas.
As persoas seleccionadas recibirán a correspondente notificación nos próximos días, na que se lles comunicará a súa designación e a mesa electoral da que deberán formar parte.
Con este sorteo queda realizado o procedemento de designación das persoas que participarán na constitución das mesas electorais o día 29 de novembro.


