Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > O Pleno extraordinario do concello de Lugo realiza o sorteo das persoas que integrarán as mesas electorais

O Pleno extraordinario do concello de Lugo realiza o sorteo das persoas que integrarán as mesas electorais

  • Tema
    • Alcaldía
Luns, 02 de novembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Pleno extraordinario do concello de Lugo realiza o sorteo das persoas que integrarán as mesas electorais
O Concello de Lugo celebrou esta mañá un pleno extraordinario no que se realizou o sorteo para designar as persoas que formarán parte das mesas electorais na próxima convocatoria electoral.
 
O procedemento permitiu determinar as persoas titulares e suplentes de cada mesa, así como establecer unha lista de reserva para cubrir posibles vacantes no caso de que a Xunta Electoral acepte as excusas presentadas por algunha das persoas inicialmente designadas.
 
As persoas seleccionadas recibirán a correspondente notificación nos próximos días, na que se lles comunicará a súa designación e a mesa electoral da que deberán formar parte.
 
Con este sorteo queda realizado o procedemento de designación das persoas que participarán na constitución das mesas electorais o día 29 de novembro.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/o-pleno-extraordinario-do-concello-de-lugo-realiza-o-sorteo-das-persoas-que-integraran-mesas