O Goberno local aclara a tramitación da nova ordenanza acústica ante as críticas de PSOE e BNG

Xoves, 17 de setembro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
O Goberno municipal quere aclarar que desde 1999, os gobernos municipais do PSOE e do BNG que se sucederon en Lugo non actualizaron a ordenanza de contaminación acústica, que segue siendo de 1997 e foi aprobada no seu día por un goberno do Partido Popular.
 
En 2023 aprobouse inicialmente un borrador, pero a súa tramitación non chegou a completarse. O actual goberno asumiu as responsabilidades municipais en maio e puxo en marcha a tramitación formal da nova ordenanza.
 
O primeiro paso foi abrir a consulta pública, trámite necesario para iniciar o expediente, e, en segundo lugar está previsto contar cunha asistencia técnica especializada para revisar un documento complexo e garantir que se adapta á lexislación vixente.
 
Ramón Cabarcos aclara que "non imos levar a Pleno un borrador simplemente porque xa estea feito. O traballo realizado anteriormente será aproveitado, pero debe ser revisado,  e adaptado, incorporando tamén as achegas que se realicen durante a tramitación.
 
Despois de tantos anos sen actualizar esta normativa, Lugo necesita unha ordenanza acústica actualizada, rigorosa e útil para dar resposta aos problemas actuais da cidade. E ese é o obxectivo do Goberno municipal: tramitarla con todas as garantías e levala a aprobación cando o documento estea preparado.
 

Audio

  • Ramón Cabarcos, sobre a tramitación da nova ordenanza acústica | Descargar mp3

Noticias relacionadas