A mostra reúne obras orixinais de 35 ilustradores e poderá visitarse ata o 22 de outubro
Mércores, 02 de setembro de 2026
Fonte:
Gabinete de Prensa

O primeiro andar do Bloque de Mulleres do Vello Cárcere acolle desde hoxe a exposición ‘Rosalía Ilustrada’, unha mostra organizada pola Fundación Rosalía de Castro que reúne 35 obras orixinais de ilustradores e ilustradoras galegos, que ofrecen a súa particular interpretación gráfica de textos de Rosalía de Castro.
A inauguración contou coa participación do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, e do concelleiro de Turismo e Museos, Agustín Gallego.
A exposición poderá visitarse no Vello Cárcere ata o 22 de outubro e recupera un proxecto iniciado en 2004, ao que nesta edición se incorporan dez novos autores e autoras.


