- Tipo
- Colectivo
Casa da Muller
Avd. da Coruña, 212
Parque da Milagrosa
27003
Lugo
, Lugo
Horarios:
L-V 09:00 a 14:00
Teléfono/s:
982297412
Fax:
982 297413
Email:
+Información
+ Info sobre a "Violencia de Xénero"
- https://violenciagenero.igualdad.gob.es/
- Violencia de xénero (Guía - Punto Violeta) - 1 | Descargar pdf
- Violencia de xénero (Guía - Punto Violeta) - 2 | Descargar pdf
Lecturas
- As "Bolboretas", Símbolo da Liberdade das Mulleres | Descargar pdf
- Revista Rapazas | Descargar pdf
Que é?
Un servizo que promove a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no concello de Lugo e que é resultado da evolución no relativo á implantación de programas e equipamentos destinados á atención das necesidades das mulleres.
Entre outras:
- Facilita atención personalizada e gratuíta sobre malos tratos, vexacións, ameazas e demais tipos de violencia contra a muller.
- Deseña e coordina as políticas de igualdade de xénero do Concello de Lugo.
Que servizos prestan?
Atención social
- Garantir a atención, o apoio e a protección social das mulleres vítimas de violencia de xénero e das súas crianzas cando así o soliciten.
- Facilitarlles información e asesoramento específico e especializado en relación coa violencia de xénero ás mulleres que voluntariamente así o requiran.
- Proporcionarlles ás mulleres usuarias unha visón global e integral da situación de violencia que padecen e do proceso no que se atopan inmersas.
- Mobilizar recursos persoais e sociais cos que as mulleres usuarias poidan visualizar posibles alternativas vitais e de futuro.
- Apoiar, acompañar e reforzar os procesos de toma de decisións das mulleres usuarias.
- Realizar o seguimento e o acompañamento social dos casos que así o requiran.
- Efectuar derivacións e realizar informes para os servizos que pertenzan aos distintos sistemas de protección social e que así o requiran (exemplo: SEPE EDUCACIÓN, SAÚDE, SERVIZOS SOCIAIS, SEG. SOCIAL...)
Atención psicolóxica
- Apoio, orientación e asesoramento de tipo psicolóxico en procesos de malos tratos e/ou de desigualdade de xénero.
- Orientación na toma de decisións e axuda na abordaxe da sintomatoloxía emocional derivada deste tipo de procesos.
Atención xurídica
- Separacións, divorcios, réxime económico do matrimonio, filiación...
- Denuncias por violencia, non pagamento de pensións, abandonos de fogar...
- Sentenzas incumpridas, xustiza gratuíta...
Acollemento
- Atención e acollida en pisos en casos de violencia de xénero, pertencentes á Rede Galega de Acollemento.
Igualdade de xénero
- Programación, coordinación e avaliación de plans, programas e proxectos relacionados coa igualdade de oportunidades e empoderamento das mulleres.
- Apoio técnico ao Foro de Participación Cidadá en Materia de Igualdade do Concello de Lugo
- Deseño e coordinación de programas de educación para a igualdade e a prevención da violencia de xénero dirixidos a colexios e institutos.
- Realización de obradoiros e charlas sobre igualdade de xénero dirixidos a persoal municipal, centros educativos, asociacións, colectivos, clubs deportivos, etc.
- Elaboración de materiais didácticos sobre igualdade de xénero e prevención da violencia de xénero.
- Deseño, organización e avaliación de campañas de sensibilización encamiñadas a modificar as actitudes discriminatorias cara ás mulleres e rachar cos estereotipos de xénero.
Biblioteca da Casa da Muller
- Conta con exemplares de libros e audiovisuais sobre temas de xénero e igualdade.
- Dispón de servizo de préstamo.
Apoio á conciliación
Programa Aprende Xogando para nenas e nenos dende 3 ata 12 anos.