
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, xunto co Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, realizaron no día de hoxe a entrega dos diplomas de clausura dos cursos de verán do Parque Infantil de Tráfico nos que participaron un cento de nenos e nenas.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, probou hoxe, xunto co Xefe da Policía, o inspector Jesús Piñeiro, vehículos híbridos para renovar parte do parque móbil da Policía.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo anunciou que despois de en só dúas semanas no goberno do Concello, “convocaremos para o vindeiro martes a mesa do transporte público, na que todos os grupos, tanto da oposición coma do goberno, poidan trasladar propostas e ideas para mellorar este servizo”.

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de infraestruturas, Alexandre Penas, anunciaron a colocación de sinais de velocidade nos radares de Lugo. Segundo Arroxo, estes sinais colocáronse para que os radares “teñan a función de controlar o tráfico e non a de recaudar”.

Lugo, 13 de xullo de 2019. O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou a posta en marcha dun plan para incrementar a seguridade vial no entorno dos Centros de Ensino. Arroxo estivo acompañado do edil do reponsable de Educación, Felipe Rivas, e do Concelleiro de Infraestruturas, Alexandre Penas.

Rubén Arroxo, visitou o Parque Infantil de Tráfico acompañado do Concelleiro de Educación, Felipe Rivas, e do Director do parque, José Luis Machado. Durante este mes de xullo tñene lugar os cursos de verán nos que participan dun cento de nenos e nenas en quendas de mañá e tarde.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, aprobou o pasado día 28 de xuño o decreto relativo ao corte provisional de tráfico para comezar as obras de construción da glorieta para a reordenación da intersección da rúa Mar Cantábrico con Santo Graal e Poeta Manuel María.

Rubén Arroxo anunciou o inmediato inicio das obras na rúa Plácido Rei Lemos e explicou que “estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán do 2018, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona.

O edil que asumirá as responsabilidades de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza co director do Parque Infantil de Tráfico, José Luis Machado, para coñecer os pormenores dos cursos de verán que se desenvolverán durante o mes de xullo.
O Arde Lvcvs cumpriu neste 2019 os seus 18 anos de celebración reafirmando o seu gran poder de convocatoria, aínda coincidindo con outras importantes citas festivas en Galicia, e o seu impacto económico, non só os propios días da celebración senón durante os meses previos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- …
- seguinte ›
- última »