Colocáronse sinais de velocidade nos radares da cidade

Rubén Arroxo: “Con esta medida evitarase unha parte das sancións que se dan por despiste das persoas que conducen nas zonas limitadas”

Xoves, 18 de xullo de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Colocáronse sinais de velocidade nos radares da cidade

O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e o concelleiro de infraestruturas, Alexandre Penas, anunciaron a colocación de sinais de velocidade nos radares de Lugo. Segundo Arroxo, estes sinais colocáronse para que os radares “teñan a función de controlar o tráfico e non a de recaudar”.

Así, a cidade de Lugo seguirá o exemplo doutros lugares como Euskadi, onde os radares están perfectamente sinalizados indicando a velocidade que non se debe exceder, convertíndose así nun exemplo para outras cidades galegas. Segundo Arroxo, “con esta medida, evitarase unha parte das sancións que se dan por despiste das persoas que conducen nas zonas limitadas”.

Audio

Noticias relacionadas