
O Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, explicou que o transporte urbano de Lugo conta co prezo máis barato da Galiza, e o terceiro do estado no billete ordinario do transporte público.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, visitou esta mañá a biblioteca municipal Isidro Novo, onde se vén de colocar unha imaxe do poeta lucense. A edil de Cultura estivo acompañada do Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, e de familiares do poeta.

A alcaldesa, Lara Méndez, inaugurou este venres a xornada online As claves do Pacto Verde Europeo, organizada polo centro municipal de información Europe Direct Lugo.

O Concello de Lugo sumarase, un ano máis, á Hora do Planeta, nun xesto simbólico que mantén dende o 2010 e co que, ademais de dar exemplo, quere crear conciencia social sobre a necesidade de conectar e ser máis respectuosos coa natureza.

A concelleira de Muller, Igualdade e Xuventude, Ana González Abelleira, informa que o obradoiro Coeducad@s, a cargo de Caxoto contactontos e a II Xincana: Se o amor apreta non é da túa talla, enmarcados na programación do 8M, que foran adiados, terán lugar o sábado, 17 de abril.

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, entregou no Vello Cárcere os premios do XXVI certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo.

A aprobación unánime e entrada en vigor da RPT. A posta en marcha do sistema de control horario do persoal municipal. A diminución en máis da metade do número de horas extraordinarias e a liquidación de todas as realizadas.

As obras de montaxe da estrutura principal do edificio Impulso Verde, que o Goberno de Lara Méndez está a levantar na Garaballa, quedarán rematadas esta semana coa instalación da cuberta gridshell, deseñada polo Campus Terra e premiada no Congreso Mundial de Enxeñaría da Madeira (WCTE 20

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou no pleno municipal de hoxe o apoio do goberno municipal á iniciativa para que Lugo opte a ser capital estatal da gastronomía.

O Goberno de Lara Méndez instalou en maio do pasado ano unha varanda de madeira nun tramo duns 40 metros da rúa Vicedo, no barrio do Carme, para aumentar a seguridade dos usuarios e usuarias desta vía debido ao aumento de persoas que, tras o confinamento, paseaban por este barrio.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 490
- 491
- 492
- 493
- 494
- 495
- 496
- 497
- 498
- …
- seguinte ›
- última »